Cambia a ubicación da Feira de Produtos Artesanais do Eixo Atlántico
A previsión meteorolóxica prevé choivas para esta fin de semana, polo que os 22 produtores e artesáns non estarán na praia fluvial do Malecón. A nova ubicación será o campo da festa
Talleres, degustación e música na Feira de Produtos Artesanais do Eixo Atlántico.
Como actividade previa ás Festas do Cristo celébrase no Barco a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, que terá lugar a fin de semana do 7 e 8 de setembro na campo da festa do Malecón. A ubicación inicial era a praia fluvial, pero debido á previsión meteorolóxica tivo que modificarse, chegan choivas.
«Haberá 20 produtores gastronómicos e dous artesáns galegos», informaba a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Alba Rodríguez, na presentación das actividades.
Chegarán dende Vila Flor, Pontevedra, Mirandela, Bragança, Valdeorras, Manzaneda, Vilardevós, Cea, Miranda do Douro, Lugo, Viana, A Estrada e Ourense. A feira abrirá as súas portas en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, ambos días.
«Haberá ademais dous talleres gratuítos de artesanía, un con Ceniza de Papel e outro con Artesanía de Galicia», segundo a concelleira. O primeiro deles será o día 7 ás 18:00 horas e os participantes poderán crear unha peza de barro dun torno; e no segundo elaborarase unha casiña de madeira para paxaros. Para ambos obradoiros hai prazas limitadas.
Feira de Produtos Artesanais do Eixo Atlántico, ano 2023.
A gastronomía no centro
O elemento gastronómico estará moi presente nesta Feira. Por unha banda, o domingo día 8 haberá unha Cata no Sil coa sumiller Mercedes González ás 12:00 horas. Será unha cata de viños de Valdeorras premiados en 2024, maridados con produtos gastronómicos da propia feira. Terá un prezo de cinco euros.
Haberá ademais dúas foodtrucks situadas na contorna do río.
Como actividades complementarias a esta Feira terá lugar a JamFest de AMAVA no Campo da Festa do Malecón, con música alternativa. Será en horario vermú: o sábado ás 12:30 horas e o domingo ás 13:30.
Por outra banda a noite do sábado 7 de setembro será de rock, con oito grupos locais, ás 20:00 horas.
O alcalde, Alfredo García, informou na presentación das actividades que «este ano non haberá stands con viño valdeorrés porque están en plena vendima, pero si haberá viño portugués».