sábado. 31.05.2025

Un taller plurilingüe e un scape room, entre as novidades do campamento de Vagalume

Pepe Fernández, da Asociación, conta os detalles das actividades organizadas en colaboración co Concello do Barco. Arrincarán o vindeiro 1 de xullo
somoscomarca_campamento_vagalume_niños_condesa_Verano__2022-07-01 (3)
Un taller plurilingüe e un scape room, entre as novidades do campamento de Vagalume.

O vindeiro 1 de xullo arrinca o campamento "Imaxina, conta e crea co Mago de Oz", organizado pola Asociación Vagalume e o Concello do Barco. «Hai unha filosofía e unha mensaxe detrás, un aspecto de convivencia. Trátase de destacar todos os valores que aparecen: solidariedade, axuda, ter metas claras, loitar para conseguir o que queremos e ver o potencial que temos cada un de nós».

Pepe Fernández, de Vagalume, contaba que este é o obxectivo das actividades programadas para os máis cativos da casa. O prazo de inscrición remata o martes día 25 de xuño, e Fernández animaba «aos pais que axilicen o trámite para evitar chegar os últimos días, xa que pode darse a situación de ter que limitar as prazas porque hai demasiados nenos. Algo que esperamos non ocorra». 

O campamento ten este ano algunhas novidades «como un libro que publicaremos coas experiencias dos nenos e das familias; un taller plurilingüe en castelán e inglés; e un scape room». Todas as actividades, no CEIP Julio Gurriarán

Neste enlace de audio pode escoitar a entrevista completa:

Un taller plurilingüe e un scape room, entre as novidades do campamento de Vagalume