domingo. 01.06.2025

O campamento de verán do Concello do Barco e Vagalume abre as inscricións

O prazo comeza o xoves día 23. O campus desenvolverase no CEIP Julio Gurriarán entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, cun horario de 10:00 a 13:00 horas —con posibilidade de ampliación—
somoscomarca_obarco_campamentodeverano_2023(7)
Campamento de verán no Barco, ano 2023.

«Imaxina, conta e crea co Mago de Oz» é o título do campamento de verán organizado polo Concello do Barco e a Asociación Vagalume deste ano. O xoves día 23 de maio comeza o prazo de inscrición —que permanecerá aberto até o 25 de xuño— e pódense entregar os folletos cumprimentados na Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán ou na libraría Praxis, onde tamén se poden recoller. 

O campamento desenvolverase no CEIP Julio Gurriarán entre o 1 de xullo e o 30 de agosto, en horario de 10:00 a 13:00 horas, con opción de ampliar a estancia dos nenos entre as 9:00 e as 14:00 horas. As inscricións deben ser, como mínimo, por periodos quincenais, cun prezo de 60 euros por cada quince días, e 100 euros polo mes completo. No caso de precisar unha ampliación de horario, o custo é de 15 euros por cada hora extra

Polo de agora non hai limitación de prazas «xa que esperamos atender a todas as solicitudes que se tramiten». Dende o Concello do Barco agardan que «este ano participe un número semellante de nenos que na edición anterior, onde participaron case 300». Neste campamento haberá unha coordinadora e 12 monitores que realizarán actividades de contos creativos, excursións, obradoiros, manualidades, piscina, ioga, orientación, etc. 

O campamento de verán do Concello do Barco e Vagalume abre as inscricións