viernes. 19.04.2024

Coa entrada do grupo de música e baile tradicional Os Coribantes de Buchavade (Ponte Caldelas), na Praza do Príncipe do Barco, comezou a Festa dos Maios. Despois da súa actuación na Praza do Concello, léronse as coplas presentadas polos rapaces e rapazas dos colexios e institutos da vila.

Un total de 8 Maios estiveron expostos ao largo de toda a xornada, seis dos centros educativos: CEIP Julio Gurriarán, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Ramón Otero Pedrayo,  Colexio Plurilingüe Divina Pastora, IES Lauro Olmo e Ies Martaguisela. Os dous restantes para completar os oito foron da Asociación de Mulleres de Veigamuiños e a asociación ASFAVAL.

Festa dos Maios no Barco de Valdeorras 2022 (1)
Paz e Pepe posando nun dos Maios

Unha mañá que invitou a saír a barquenses e veciños de toda a bisbarra para poder contemplar a cor dos maios, aínda máis intensa se cabe pola intensa luz do sol. Cor e calor nunha tradición que se recupera tras dous anos de parón e que como dicía Ainhoa  Carracedo, xerente do Centro Comercial Aberto O Barco, «Había muchas ganas de recuperar esta tradición. Tenemos encima de la escalinata de la iglesia unos Maios que están preciosos. La gente se ha volcado otra vez para hacer esas estructuras florales y por nuestra parte estamos encantados con la feria de artesanía, muchísima gente. Tenemos más de 20 stands».

A Muiñeira da Curixeira, tocada e bailada polos Coribantes fixo brincar a nenos e maiores:

E, é que ademais da actuación dos Coribantes, da lectura das coplas e dos fermosos Maios, durante todo o día hai unha feira de artesanía onde os artesáns ao tempo que mostran as súas realizacións tamén están a facer demostracións de como fan os seus traballos en directo que segundo afirma Carracedo están a «gustar moito a xente».

No posto do Centro Comercial Aberto recollense os votos de onde saiu o Maio gañador. Ademais entre os que participaron na votación sortease un vale compra de 100 euros para gastar nos comercios que pertencen á asociación. Sobre as 20.00 horas coñecerase o  resultado da votación popular pero antes ao redor das seis da tarde «Maxia na rúa», o espectáculo do mago Martín Camiña.

Xornada de lecer na que a xente botouse a rúa, onde o tempo animou e por fin pódese volver a unha relativa normalidade.

Sol e cor para retomar a Festa dos Maios no Barco