lunes. 09.06.2025

O «Silfest máis ambicioso» chega a súa sétima edición

Jorge Álvarez: «É a edición máis ambiciosa desde que empezamos, en cartel, en nomes enriba do escenario, programación e orzamento»
somoscomarca_presentación_silfest2022
O «Silfest máis ambicioso» chega a súa sétima edición

Na mañá deste xoves, 14 de xullo presentouse, a beira do Río Sil na parte baixa do Malecón do Barco, a sétima edición do Silfest. Estiveron presentes ademais de Jorge Álvarez, un dos organizadores; a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, o de Turismo e Comercio, Eladio Santos e o presidente da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luís García Pando.

Despois da cancelación no 2020 e da celebración «Lite», no 2021 chega a «edición máis ambiciosa», segundo ás palabras de Jorge Álvarez, un dos organizadores do evento.

A Praza do Sagrado, lugar de concertos en 2019

A programación completa comezará o mércores, 20 de xullo, na Praza Maior, cunha proxección de bandas sonoras. O xoves seguirá con actividades gratuítas na Praza do Sagrado e na Praza Maior e o venres e o sábado a programación completa do festival.

León Benavente e Corizonas encabezarán o cartel do Silfest que contará con 20 bandas e actividades como catas de viño e recitais de poesía.

Outros artistas como Karavana, Alñbertos&García, Levitants, Anabel Lee, The Soulers, Eme DJ, Hawkins DJs, Sex Museum, Veintiuno, Agoraphobia, De Vacas, Navegando a Barlovento, Macizas Centráis e Economato Djs, completan un cartel. O Mini SilFest, o festival paralelo que se celebra nas mesmas datas e no mesmo, pero con actividades para os pequennos da casa poderán desfrutar coas actuacións de Mago Dem e A Banda das Apertas.

cartel_silfest

Ó festival inclúese dentro dos Concertos do Xacobeo, para o que Álvarez tivo agradecemento. Non faltou o recoñecemento ao Concello de O Barco que «desde a primeira edición nos prestou axuda». Ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e as empresas colaboradoras. Das que Álvarez asegurou «todas as empresas locais responderon moito mellor do que podiamos esperar».

Desde a organización agárdase que «o públi de Valdeorras responda. O de fora está respondendo moi ben. Estamos vendendo entradas en  Madrid, Salamanca, Burgos, Asturias. Hai como 30 puntos distintos de venta. É unha boa sinal, o que se trata e de  é de que veña a xente de fora, de poñer Valdeorras no mapa, de poñer o Barco no mapa e poñer o Silfest no mapa estival de festivais».

No seguinte vídeo podedes ver toda a rolda de prensa completa, coas intervencións de Jorge Álvarez, organizador; a concelleira de Cultura do Concello do Barco, Margarida Pizcueta, o de Turismo e Comercio, Eladio Santos e o presidente da Denominación de Orixe Valdeorras, José Luís García Pando.

O «Silfest máis ambicioso» chega a súa sétima edición