

















































Ás 12.00 horas Santa Rita saía do templo que leva o seu nome con pequenos cambios na imaxe, a cofia máis clara como fora no seu día, e unha rosa vermella na man. A restauración obra do seu autor, Xelo de Tremiñá, levantou algunha que outra vinchoca coma el mesmo explicou no programa especial das festas de Santa Rita emitido o pasado venres en Onda Cero.
Tapáronse as fisuras, déronse unhas ceras e houbo que darlle un toque de luz á cofia, xa que co paso dos anos o branco esvaeceu e algunhas cores non eran tan claras», explicou Xelo. Ademais, o artista elixira para a rosa unha cor branca mesturada con ocre para que aínda que só fora na imaxe puidera ter a pureza que perdeu por mor do casamento.
Dun xeito ou doutro, o certo é que a Santa Rita saíu e fixo en compañía dunha multitude de xente que portaba nas mans rosas de todas as cores.
Xa desde primeira hora da mañá, para ser exactos desde as 8.00 horas, houbo misas cada hora até as 12.00 horas que foi a musa maior e en todas elas bendicíronse as flores.
As celebracións continuaron ás 14.00 horas co concerto da Banda de Gaitas da Veiga e xa pola tarde e a verbena coa música de Ritmo Joven.
Rematan así unhas festas que comezaban o pasado venres e que dan o pistoletazo de saída a unha tempada de celebracións festeiras.