domingo. 08.06.2025

San Roque, o santo das Casas Baratas do Barco, celebrou o seu dia

Os veciños procesionaron a San Roque polas rúas do barrio para chegar ata a que leva o seu nome no casco vello e logo volver para celebrar unha misa de campaña

As bombas de palenque anunciaban ás once da mañá que o barrio estaba de festa. Cada vez son menos os veciños que viven nelas xa que se van facendo maiores e non axuda a que non haxa ascensores, pero volven cada 16 de agosto para celebrar ao Santo.

Hai máis de sesenta anos que foron entregadas as primeiras vivendas aló polo 1962. As Casas Baratas foi un barrio onde chegaron a vivir máis de 200 veciños pero o paso do tempo fixo que estes se mudaran a outras zonas do Barco ou a diferentes lugares.

somoscomarca_240816_sanroque_casasbaratas_obarcoa_2389 (18)

O San Roque é sagrado, por iso tal día coma hoxe se celebra a procesión polas rúas do barrio ata chegar a que leva o seu nome no casco vello e logo retornar á zona arborada detrás da capela onde se fai a misa de campaña.

somoscomarca_240816_sanroque_casasbaratas_obarcoa_2389 (28)
Agardando a saída da procesión

Nesta ocasión os veciños estaban un pouco enfadados xa que aínda que o persoal do Concello segoulles a herba non foron a «soprar as follas» onde se celebrou a homilía e tivéronas que barrer as monxas que axudan na parroquia antes da celebración relixiosa.

somoscomarca_240816_sanroque_casasbaratas_obarcoa_2389 (4)
As follas acumaladas ao pé das árbores tras ser barridas

O grupo de gaiteiros formado por xente do barrio amenizou a procesión e, xunto ao coro da igrexa, tamén a misa. O GES Valdeorras e a Policía Local de O Barco axudaron a regular e cortar o tráfico mentres se realizou a saída do Santo.

somoscomarca_240816_sanroque_casasbaratas_obarcoa_2389 (24)

Un dia de celebración e recordos coma os que nos contou Pepita unha desas veciñas que chegou desde San Vicente (Vilamartín) hai máis de 50 anos á barriada e aínda que vive noutro lugar non falta cada ano á cita co santo.

Vídeo da procesión e testemuña de Pepita que viviu desde os anos 60 no barrio:

San Roque, o santo das Casas Baratas do Barco, celebrou o seu dia