Esta fin de semana recollíanse as uvas de sousón na Finca da Petada ou da Terra Grande, en Éntoma (O Barco), propiedade de Bodega Roandi. Eran os últimos acios en entrar na tolva e cos que se poñía fin á vendima na Denominación de Orixe Valdeorras.
Rogelio Moral—xerente de Bodega Roandi— e Nela, a súa cadela Pastor Alemán agardábanos nun viñedo de dezaseis hectáreas nas que se recollen cinco variedades diferentes —godello, mencía, sousón, albarello e tempranillo—para elaborar as 13 referencias que comercializa cos máis de 200.000 quilos vendimados nesta colleita.

A vendima adiantouse neste 2024 pero no entanto non foi das que rematou cedo. Isto ocorre porque hai adegas que teñen distintas variedades de uvas e tamén diferentes formas de elaborara os seus viños como é o caso de Roandi.

Comezou «na derradeira semana de agosto» ca raíña, a godello e rematou este 13 de outubro ca variedade sousón e albarello. «Houbo que esperar 10 días para comezar a vendimala xa que tarda un pouquiño máis en madurar», comentaba Rogelio. Outras variedades cas que elaboran os seus viños son garnacha, tempranillo e mencía. Unha nova variedade a «tipo pan e carne estamos agardando que o Consello Regulador no la admita». Atopárona na zoa de Córgomo e plantaron 4 cepas e hoxe xa teñen sobre 2000 metros cadrados.

A referencia ‘Domus’ sae deste tipo de uva «unha das marcas máis especiais nosas. Como é tardía ten unha acidez particular que permite metela en madeira, en barrica». Outra das emblemáticas e ‘Brinde’ o primeiro escumoso de godello «da DO e pódese dicir que o primeiro do mundo». Agora tamén se elabora con mecía e rosado.

Os viños desta adega teñen un carácter propio que imprime o terreo pero tamén a persoa que os mima e os coida. Rogelio acaricia estas cepas como se fosen o seu gran amor. Cando non pode durmir. Cando fala da viña os ollos teñen un brilo especial e un sorriso enche asoma na súa cara.

Acompaña aos sete traballadores que ten fixos durante todo o ano nas tarefas de cada tempada, «son coma unha familia». «Si hai que andar con maquinaria, ando con maquinaria, con fitosanitarios, gústame traballar no campo. Eu son feliz cando estou nas miñas viñas».

Exportan a todo o país e tamén a España, Suíza, Inglaterra, Alemaña, Francia e Italia e como dí o propietario «gústanos vender milagres a Dios». As referencias que satisfacen os padais máis exixentes son: Dona Delfina coas variedades godello e rosado —mencía, sousón e albarello—; Flavia feito con mencía e tempranillo; Alento —godello sobre lías; Bancales —mencía, sousón e albarello—; Domus —sousón e mencía—; Brinde coas variantes, Godello, de Rosas e de Éntoma; O Gran Pendón, feito só con mencia; Camiño das Estrelas, Mencía e Brinde reserva Godello e de Rosas.

No «gran incendio» ocorrido hai tres anos na comarca queimáronselle seis hectáreas de terreo pero xa están replantadas. Asemade, un pouco mais abaixo está a facer unha nova plantación e hai tamén outro proxecto en Arnado (Vilamartín) co que pretenden chegar a unha produción de 600.000 quilos.

Despedímonos de Rogelio e da «súa» viña non sen antes pasar pola capela feita no lugar onde un castiñeiro queimado ao que lle viñan a rezar a xente e metían «estampiñas» dentro. E remata, «a nos tamén nos deu sorte».
