sábado. 07.06.2025

Rodriguez avanza a Blanco que Educación sumará novas actuaciones nos centros educativos ao pavillón do Julio Gurriarán

Moisés Blanco y Román Rodríguez
Moisés Blanco y Román Rodríguez

O deputado do Grupo Popular, Moisés Blanco, reuniuse onte co conselleiro de Educación, Román Rodríguez, quen lle avanzou que a Xunta de Galicia sumará novas actuacións nos centros educativos do Barco de Valdeorras á construción do novo pavillón no colexio Julio Gurriarán.

Román Rodríguez explicou a Moisés Blanco que a Consellería de Educación está concretando as actuacións que levará a cabo con cargo ao superávit de responsabilidade, logo de que a Xunta cumprira nestes últimos anos o obxectivo do déficit e o Goberno central relaxara os obxectivos para 2016 e 2017 ás comunidades autónomas.

Deste xeito, a Consellería dará a coñecer proximamente as actuacións que levará a cabo no Barco de Valdeorras e que se engadirán ao novo pavillón de deportes do colexio Julio Gurriarán, cuxo inicio de obras está previsto para os meses próximos.

Moisés Blanco agradeceu “a sensibilidade amosada polo conselleiro de Educación diante das demandas que lle formulei nos centros de ensino de O Barco, comprometéndose a estudalas e incorporalas nas actuacións previstas para mellorar a atención educativa que reciben os mozos deste concello”.

Rodriguez avanza a Blanco que Educación sumará novas actuaciones nos centros educativos...