martes. 24.06.2025

O Concerto de Nadal emociona a Igrexia de Santa Rita

A Real Banda da Deputación de Ourense entrou na igrexa facendo soar os tamboriles, bombos e gaitas despois da mensaxe da delegación episcopal. Lucia Pérez puxo en pé a todos os congregados coa interpretación da Ave María de Schubert

 

A Igrexia de Santa Rita, en O Barco de Valdeorras, acolleu nesta tarde-noite de martes, o tradicional Concerto de Nadal da Real Banda da Deputación de Ourense. 

O acto dividiuse en tres partesA primeira na que a Real entrou na igrexa coa marcha procesional dos Caladiños e outras pezas da agrupación coma o saúdo de percusión. 

somoscomarca_231227_realbanda_deputacion_obarco
Concerto de Nadal

Na segunda parte, Isabel González e Jacinta Fernández, foron as primeiras en cantar. Despois, fíxose entrada da medalla de ouro da Real Banda de Gaitas a Aurora Lolo Rodríguez, en agradecemento pola súa valiosa aportación para o Concioneiro Oencia e Contorna. 

Neste mismo acto, as Cntareiras canta a copla popular destas terras Josefina e Manolo de Castelo. Despois disto, as Cantareiras da Real tamén adican unha suite de cantigas populares galegas á Señora Aurora. 

Como último acto, pero non menos importante, entra a escena a eurovisiva ​Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno, seu irmán. Entre os dous, poñen voz a maior parte das pezas que se interpretaron. O broche final deles foi Ave María de Shubert.

somoscomarca_231227_realbanda_deputacion_obarco
 ​Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno

 Tras esta actuación, sube ao escenario o Orfeón Valdeorrés.

Para rematar o Concerto de Nadal, todos os asistentes póñense en pé para escoitar a o Himno Galego e o de Ourense. 

O Concerto de Nadal emociona a Igrexia de Santa Rita