miércoles 19/1/22

Contar contos ao lado de Ana Sofía Paiva é para Quico Cadaval «unha das maneiras máis agradables de contar, tendo a outra persoa ao teu carón, o que se chama contar á portuguesa porque alá é raro ver a un narrador só». Así o fixo ver aos que se achegaron onte pola noite á veira do río Sil a escoitar os Contos de Contrabando - Historias Portugalaicas, co permiso da climatoloxía e dos mosquitos que desta vez, coma noutras, fixeron cola para ver a Cadaval en escea.

A intención, unhas horas antes de sair ao escenario ao carón do Sil, era a de «presentar a modo de introducción unhas historias de cando as fronteiras nos separaban e os contrabandistas nos unían», explicaba Quico. Axudado «polas aventuras dunha amiga contrabandista e as súas peripecias», contaba Quico que chegarían a falar en realidade, de «contrabando imaxinario, pasando esas cousas que fan falta para alimentar a imaxinación, traspasando as fronteiras mentais de hoxe en día».

Coa sorna e o humor que lle caracterizan, falamos cun Quico Cadaval ilusionado pola participación no De Perto, e polos próximos proxectos que xa ten entre mans, entre eles, unha próxima visita tras a época estival que fará desta vez á Rúa coa obra Os Inocentes.

Se queres escoitar a entrevista completa, ou a Cadaval cantando a canción de contrabando Vai tu, vai tu, vai ela, fai click no seguinte enlace:

Quico Cadaval: «Queremos traspasar as fronteiras mentais de hoxe en día»