domingo. 08.06.2025

Primeiro premio no I Concurso PIMAga para o instituto Lauro Olmo

Foi para o alumnado de 1º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras pola proposta “Traballando o número π” da súa profesora Ana Pérez
P_somoscomarca_240515_obarco_ieslauroolmo
Primeiro premio no I Concurso PIMAga para o instituto Lauro Olmo

O I Concurso PIMAga do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), dirixido a docentes de todos os niveis educativos, naceu coa intención de descubrir e dar difusión ás actividades que os centros escolares galegos realizan con motivo do Día Internacional das Matemáticas —14 de marzo—. Os participantes debían responder á cuestión: “Que fas na túa aula para celebrar o Día Internacional das Matemáticas?”

O primeiro premio foi para o alumnado de 1º da ESO do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras pola proposta “Traballando o número π” da súa profesora Ana Pérez e que consistía nunha unión de tres actividades das que o tribunal valorou «a súa orixinalidade e a súa adecuación didáctica ao número 𝜋 dende a súa característica definitoria».

Segundo o xurado: «O alumnado vese involucrado en todo o proceso e ten acceso a unha aprendizaxe significativa. A exposición é completa e clara, no sentido en que permite a súa replicación. Ademais, a actividade alterna tarefas guiadas con outras máis abertas nas que o alumnado pode desenvolver a súa creatividade».

Primeiro premio no I Concurso PIMAga para o instituto Lauro Olmo