Bar As Piscinas O Barco, comida recién hecha con productos de calidad

Sonia Pérez: «Preferimos ter menos sitio pero que a xente marche contenta e ben servida»

O río Sil por un lado e a piscina de auga cristalina polo outro e, debaixo dunha salgueira chorona ao amparo da súa sombra, unha hamburguesa cunha cervexa fresquiña é toda unha festa para os sentidos.

Ademais de hamburguesas de polo ou tenreira, croquetas caseiras e «unha carta bastante variada, entre ensaladas, bocadillos quentes, bocadillos fríos, pizzas, patacas, alioli, bravas, salchipapas, unhas pizzas rústicas que son grandes familiares», explica Sonia Pérez quen está ao tanto do negocio.

Ensalada con burrata

Corrobora Sonia o que nos probamos in situ, «temos as típicas hamburguesas de sempre, de carne de tenreira. Ademais, unha especiais que facemos cunha cebola crunch, que lle está gustando moito a xente. De polo tamén as facemos».

As patacas alioli

Os doces da sobremesa están para chuparse os dedos, xeados e couland, arroz con leite, «un pouco variado para que a xente máis ou menos se adapte un pouco a carta estival».

Couland e xeado

Intentan que «todo sexa o máis natural posible, igual que a verdura e as patacas». A comida prepárana ao momento por iso algunhas  veces «non é unha rapidez absoluta, porque nin os camareiros teñen ás, nin a cociña se fai en dous minutos. Intentamos facelo todo no momento, nada feito de antes». 

Bocata quente de pizza

O bar As Piscinas do Barco, un lugar fresquiño ao carón do Sil onde comer produtos de calidade cun servicio atento e amable. A hora da comida estase moi ben na zona da piscina e pola noite o que máis se move e a parte de adiante, «na zona do xardín botánico, quizais hai máis ambiente de noite ou tarde noite, porque resulta que hai un parque ao lado, entón os papás veñen con nenos ao parque. Mentres os controlan, están tomando algo», explica Sonia.

«As noites da calor apetece moito ese fresquiño e estar por aquí, polo lado do río, que tamén dá moito fresco, é unha sensación moi boa», engade.

As merendas no Bar das Piscinas son outro plus, «traballamos moito os bocadillos quentes e fríos. Na cena están saíndo moito as hamburguesas e as pizzas rústicas. Tamén as patacas alioli e rústicas». 

Después del baño unas alitas y patatas con alioli y salsa brava. Hum!!!

Abren dende as 12:30 da mañá ata as una e media ou dúas da mañá. «A cociña temos un horario de cerre hasta as 23:30 ou así, pero xeados ou copas aquí estamos». 

«Facemos un trato bo, non queremos cantidade, queremos calidade. Preferimos ter menos sitio pero que a xente marche contenta e ben servida. Que veñan a relaxarse e a pasar un bo rato, sobre todo que o pasen ben», conclúe.  E, é que unha experiencia satisfactoria ao cliente é moi importante.