viernes. 06.06.2025

O piano de Sabela Freixeiro tomará a Praza Maior do Barco

Dende as 22:30 poderase desfrutar, durante case unha hora, de distintas bandas sonas de películas como Piratas del Caribe o Up!
somoscomarca_240717_sabelafreixeiro_josemaria

A primeira vez que se realizou unha actividade de tales características foi no ano 2016, «eu acababa de rematar o conservatorio profesional e non tiña o nivel que podo ter agora». De feito, esta actividade durou 20 minutos, fronte a case unha hora que vai durar nesta ocasión. 

Cine Clube Groucho Marx dende fai catro anos asociase o Silfest, nesta ocasión faino con Sabela. «A idea é facer distintas bandas sonoras ao piano mentres se van proxectando imaxes das películas», explicaba. 

A pesar de estar cursando o máster e traballando, «en abril propuxéronmo e estiven preparándome. Agora levamos cinco días mirando o tema das imaxes», aseguraba Sabela. 

«Estou moi contenta porque vou tocar no pobo no que nacín, entón sempre fai ilusión», así se amosaba Sabela poucas horas antes de comezar o concerto. 

Pode escoitar a entrevista completa aquí:

O piano de Sabela Freixeiro tomará a Praza Maior do Barco