
Penúltima cita do V Ciclo Terrasón
Alber Solo actuou nas pistas deportivas do Barco. O derradeiro concerto será o venres 6 de setembro con Iker Piris, na praza Andrés de Prada

O guitarrista, compositor e cantante, que leva anos percorrendo España coa súa guitarra, chegou ao Barco dentro do ciclo de concertos Terrasón. Foi Alber Solo, que encheu de música as pistas deportivas do municipio na penúltima cita deste ciclo.
Cun estilo de rock, blues y soul puxo a nota musical á noite de onte venres 30 de agosto, encarando xa o final do verán no Barco. Baixo estas liñas pode ver e escoitar un anaco da súa actuación:
O broche de ouro desta quinta edición do Ciclo Terrasón o porá Iker Piris o vindeiro venres 6 de setembro. Será cun concerto na praza Andrés de Prada ás 22:30 horas.
Arrincaba o Terrasón deste ano o 31 de xullo na Praza Maior con Rholben & Mano Panforreteiro. Xa en agosto, o domingo día 4 foi a quenda de C.T. Powell & The Bluedays no paseo do Malecón.
O venres 9 de agosto a praza do Concello acolleu a actuación de Caldo; e o domingo 11 o paseo do Malecón foi o escenario de Nowie & The Barbers. O mes de agosto continuou coas actuacións de Mazu & The Rokkens —o venres 16 na rúa Abdón Blanco—; e coa de The Barefoots —o domingo 18 na praza do Sagrado—.
Xa o domingo 25 foi a quenda de notAzul, que actuou no paseo do Malecón; e o venres 30 de agosto pechou o mes Alber Solo nas pistas deportivas.
A cita deste ciclo que quedará para setembro —para o venres 6 ás 22:30 horas— é a de Iker Piris na praza Andrés de Prada.