O arranxo da fachada dun edificio é a causa deste peche temporal
Durante o xoves 2 de maio e o venres 3, a avenida da Estación do Barco entre a rúa Conde de Fenosa ó Parque do Malecón estará pechada ó tráfico desde as 7:00 horas até as 13:00 horas.
O motivo do peche, non é outro que, o arranxo da fachada da finca situada no número 1 desta rúa. Máis concretamente a fachada do edificio de 7 pisos que se atopa fronte o Teatro Lauro Olmo.
Os vehículos que queiran acceder ó Parque do Malecón desde Conde de Fenosa poderán baixar a Pérez Lista e, desde alí pola plaza Andrés de Prada xirar por Academia Deuidt até a rúa do Malecón.
O pasado 18 de marzo varías calles atopábanse cortadas ó tránsito de peóns debido a caída de cascotes ás rúas. Unha delas era esta que hoxe están arranxar.