sábado. 31.05.2025

A Pasarela de Moda do CCA O Barco celebrarase a finais de abril

Polo momento, Jacobo Arias solo da algunha pista da presentadora, «o que podemos adiantar dela e que é unha gran profesional no seu traballo na Televisión de Galicia»

somoscomarca_obarco_cca_pasarelademoda (89)
Este ano a pasarela do CCA celebrarase a finais de abril

A asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco xa ten data para a Pasarela de Moda. O evento, que mostrará as novidades en el sector téxtil e complementos dos comercios asociados, terá lugar el sábado 27 de abril de 2024.

«Esta é a campaña máis importante para as tendas do Barco. Ten un longo percorrido porque se leva feito desde sempre, igual que outras, pero esta ten un toque especial», explica Jacobo Arias, presidente do CCA.

Un dos cambios é que non será ás 20:30, nesta ocasión será as 20:00, media hora antes para intentar que non se faga tan longa. A actuación musical da que se puido desfrutar o ano pasado, «fixo que se alargara máis o desfile das tendas, entón fíxose algo pesado». Para que esta situación non se repita, «este ano non haberá actuación musical».

Do resto, está todo «máis ou menos igual, a única diferencia vai ser o presentador. Empezamos na dinámica vai dous anos con Eva Iglesias, este ano pasado a David Amor, nesta ocasión, volveremos a traer a unha muller». 

Polo momento, Jacobo Arias solo da algunha pista da presentadora, «o que podemos adiantar dela e que é unha gran profesional no seu traballo na Televisión de Galicia». 

Nas redes sociais, dende o CCA, pediron a colaboración da cidadanía por se é posible que alguén «achegue algunha idea viable e que se poda executar. Si que é certo que é un evento bastante fácil de facer, aínda que é moi custoso porque leva moito traballo». 

Podes escoitar a entrevista completa a Jacobo Arias aquí:

A Pasarela de Moda do CCA O Barco celebrarase a finais de abril