martes. 16.04.2024
portada

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais do Concello de O Barco recibiu, a través do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, unha embarcación para a atención de emerxencias en augas interiores.

Ó acto de entrega celebrado na Praia do Lago de As Pontes, en A Coruña, asistiu, en nome do concello barquense, o concelleiro de Medio Rural, Jesús Jares, así como Fernando Valcarce, membro do GES de Valdeorras.

A embarcación forma parte das 14 barcas que se entregaron a Grupos de Emerxencias Supramunicipais de toda Galicia no acto de As Pontes. Esta lancha acuática supón un incremento do material do que dispoñen os servizos de emerxencias e Protección Civil do Concello de O Barco para a atención de urxencias no río. Para utilizar a embarcación será precisa formación previa coa que xa contan cando menos dous efectivos dos GES de O Barco.

A entrega desta embarcación tivo lugar dous días despois do acto de apoio e recoñecemento organizado pola Xunta de Galicia para homenaxear aos voluntarios de Protección Civil. Acto que tivo lugar na Estrada, Santiago, e ao que acudiron voluntarios de Protección Civil de O Barco entre os que se encontra o seu responsable, Rafael Rodríguez Rose, así como o tenente de alcalde de O Barco, Aurentino Alonso.

Os GES de O Barco reciben unha embarcación de augas interiores