
































s










As pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco) acolleron durante toda a xornada deste 17 de maio o Campionato Galego de atletismo Sub10 e Sub12, onde acudiron 10 Clubs masculinos e 15 femeninos chegados de distintos puntos da xeografía Galega.

Ás 10.15 horas daban comenzo as probas da categoría Sub12, que se extenderon ata as 13.30 horas, onde o Club Adas Barco masculino dominou a proba cun total de 78 puntos, a medalla de prata foi para o Atletismo Narón (con 71 puntos) e o terceiro posto, medalla de bronce, correpondíalle a La Purísima (con 65,5 puntos).

O equipo femenino, nesta mesma categoría, conseguía un quinto posto, tan só a unhas decimas do cuarto e moi preto do podio. Cabe resaltar a excepcional carreira de relevos que realizaron Vera Pelaez Aller, Irina Sánchez Yáñez, Leire Gil Torres e Paula Crespo Alonso.

A mañá remataba coa entrega de premios, nunhas pistas cheas de público e atletas e cun gran ambiente deportivo, a que acudiu Aurentino Alonso, concelleiro de Deportes, e a concelleira Diana Urdangaray.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas, daban comenzo as pobras da categoría Sub10 que se extenderon ata as 19.00 horas, onde o Adas Cupa masculino se proclamou campión cun total de 42 puntos e o femenino subcampión con 49,5 puntos.
