
O tiro ó prato regresa ao Barco polas Festas do Cristo
Dende a Amería Alfer volven organizar esta actividade os días 14 e 15 de setembro

Dende a Amería Alfer volven organizar esta actividade os días 14 e 15 de setembro
O tiro ó prato foi unha actividade que os valdeorreses desfrutaban moito, «houbo xente que despuntou ata nivel nacional», así o explica Aníbal Fernández, xerente da Armería Alfer.
Esta é unha actividade que se adoita facer con motivo das festividades, pero en lugares como Penouta, A Veiga ou Chandrexa de Queixa «tamén o facemos cando non hai celebracións». En estes lugares empregan campos de tiro eventuais, máis comúns que os permanentes.
Grazas aos seus propios gustos e o empeño por volver a recuperar esta actividade, tanto nas festas de Santa Rita como nas do Cristo, realizan un campionato. Nesta ocasión será o 14 e 15 de setembro.
A pesar de que «é unha mala época» e pode non haber tanta xente. Fernández recorda que por esas datas xa estará inaugurada a época de caza, entón, moitos dos afeccionados ao tiro ó prato non acudirán a esta cita. Aínda que é «todo o mundo o sabe, chámanme do Bierzo ou Ourense».
Durante a xornada do sábado realizáranse os adestramentos. No caso do domingo pola mañá volverase a retomar o adestro para así pola tarde realizar a tirada decisiva.
No caso de querer asistir a esta competición deberán achegarse até o campo de tiro, presentar a documentación pertinente e abonar o prezo da inscrición.