sábado. 20.04.2024
Victor Nieves e Suso Vilasánchez na rolda de prensa
Victor Nieves e Suso Vilasánchez do BNG do Barco

A formación nacionalista afirma que o nomeamento de Félix Ruibal responde a razóns políticas

O BNG do Barco rexeitou o nomeamento de Félix Ruibal como novo xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Ourense, O Barco e Verín. O cabeza de lista da formación, Suso Vilasánchez, afirmou que é «un cambio de actores para apaciguar a sanidade viguesa». «A sanidade en Ourense está a ser ninguneada polo Sergas», dixo.



Tamén

criticou a Ruibal por ser «un xestor político, non un xestor sanitario». «Se

deixa incendiada a primaria de Vigo, mal vai apaciguar a primaria de Ourense»,

comentou.

Félix

Ruibal ocupaba a xerencia da área de Vigo, onde foi sinalado nas protestas

contra a sobrecarga do servizo de Atención Primaria na zona. O Sergas anunciou

o pasado 5 de xullo que intercambiaría o seu posto co xerente de Ourense, Julio

García Comesaña.



Vilasánchez,, do BNG do Barco, tamén aproveitou para criticar o servizo de hospitalización a domicilio (HADO). «Estamos de acordo co HADO, pero que non nos vendan milongas», dixo.

O BNG do Barco critica ó novo xerente da EOXI