lunes. 09.06.2025

As novas incorporacións ao Belén de Louxa de Éntoma

Raúl, o creador, é o encargado de mostrar parte por parte esta Belén realizado con pizarra

Un ano máis, Raúl, segue incorporando novos módulos ao Belén de Louxa que por estas datas abre as súas portas nas antigas escolas de Éntoma (O Barco de Valdeorras). 

Un dos maiores valores que ten esta creación é que está feito en toda a súa totalidade a man e, sen esquecer, que está creado con louxa —un importante recurso da zona—. «Cunha tesoira e un martelo arránxome arréglome», explica Raúl. Ó que engade: «Sería fácil comprar as cousas e estarían perfectas. Pero ao que imos é ao manual».

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (15)
A Pontenova de Sobradeo unha das novas incorporacións ao Belén de Raúl

Nesta ocasión, a modernidade entrou pola porta grande. Segundo conta o propio Raúl, «isto é máis futurista que belenista». Fala da Ponte de Galir, descoñecida para moitos, por onde pasa o ferrocarril á beira do cemiterio. «Un amigo de Ourense mandoume o tren e as vías. Despois, comezoume a insistir en que o puxese e ao final fíxeno», lembra entre risas Raúl. 

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (19)
O tren que circula polas vías é a nova incorporación

Outra das cousas novas que se poden ver na exposición, aínda que non teña que ver con Éntoma, é a Torre de Hércules, que conta co seu propio faro de luz.

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (10)
A Torre de Hércules, nova incorporación

E, por outra banda, cóntase con pequenas reformas, por exemplo, a canteira sufriu algúns cambios para que así luza moito máis. 

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (11)
Raúl cun dos amigos que lle axudan xunto á canteira de pizarra

No primeiro módulo, atópase unha adega. Fíxose para poder representar algo tan característico da zona como é o viño. Durante este pequeno percorrido, vaise mostrando a maneira na que se fai ata chegar ao expositor. 

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (12)
O módulo da adega é o primeiro que se atopa ao entrar na vella escola

Outra das partes, como non, é o Belén. Este conta co seu propio comercio, o forno e o "Muiño Vello". Tamén, como é obvio, cos Reis Meigos e a estrela que os guiará. 

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (16)
O Nacemento conta até cun pino e os Reis Magos feitos en louxa

Ó carón do Belén está a romaría do Galir. Nesta está unha xeadería, grellas e, como non, o polbo e o viño. A procesión está amenizada por "Os Chipi Chipi", unha famosa orquestra que houbo en Éntoma, así que non podía faltar nesta recreación. «Tocaban a partir das dúas da mañá», conta Raúl.

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (9)
O seu peregrino italiano amigo de Raúl tamén está no Belén

Este ano, de novo, está o Castelo de Arnado, outra das xoias da exposición. A esta creación non lle falta ningún detalle, «este está moito máis novo», comenta entre risas Raúl.  E continua dicindo: «Hai sobre de 4000 pezas de lousa, aínda que non o pareza».

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (4)
Castelo de Arnado adquirido o pasado ano pola adega Roand de Éntoma

Pero, non te engañes, non todo é unha representación de cousas reais. Hai esculturas que saen da imaxinación do creador, como pode ser unha igrexa, unha fortaleza, animais, unha palloza ou unha fonte do desexos. 

somoscomarca_231229_entoma_belenraul_navidad (18)
A rapazada sinalando as súas casas feitas por Raúl no belén

Para poder velo en detalle, o horario de visitas é de luns a venres de 17.00 a 20.00. Os sábados, domingos e festivos de 12.00 a 20.00. Poderase visitar ata o 8 de xaneiro. 

As novas incorporacións ao Belén de Louxa de Éntoma