miércoles. 09.07.2025

Margarida Pizcueta: «A xente que vaia ao magosto que vaia preparada para a festa»

Na tarde deste venres 11 de novembro Viloira acolle, na súa praza, o magosto barquense no que haberá castañas e viño. Os  chourizos corren a cargo dos establecementos hostaleiros da zona.
Margarida Pizcueta: «A xente que vaia ao magosto que vaia preparada para a festa»

Neste día de San Martiño, patrón da parroquia de Viloira, a praza Otero Pedraio do lugar, acolle o magosto organizado polo Concello do Barco.

Vai ser as 19.00 horas, «Á tardiña, entre ese lusco e fusco, que é máis noite que día, porque o magosto apetece con lume, con fume e por suposto con castañas e viño; e con frío», sinalaba Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura do Concello do Barco, na conversa mantida no programa +d1 Valdeorras desta mañás e que podes escoitar completa no seguinte audio.

O magosto «vai seguir o formato que tanto éxito tivo o ano pasado»,  e que non é outro que «se faga dun xeito máis ordenado. Con cucuruchos, con fileiras, etc, etc. Todo iso tivo tanto éxito que este ano repetimos con ese formato», argumentaba Pizcueta.

somoscomarca_magostoviloira_2021_11_11 (15)
Xente cos cucuruchos de castañas o pasado ano

Vanse asar 400 quilos de castañas, case que o dobre dos que se asaban hai 7 anos cando a concelleira comezou a organizar o magosto. E, como ela mesmo di: «Polo San Martiño música, castañas e viño».

Os chourizos poderanse adquirir nos establecementos hostaleiros que se atopan na praza e nas súas proximidades xa que como comenta a concelleira, «non podemos facer un magosto e que os establecementos hostaleiros non se beneficien, porque seguimos apoiando a pesar que parece que está superada esa crise motivada pola covid, porque sempre os apoiamos o que se pode e cando se pode».

somoscomarca_magostoviloira_2021_11_11 (11)
Un dos establecemento de hostalería, cociñando os chourizos

A música está a cargo dunha das bandas que xa estivo nas festas do Cristo,’Bandina los Bierzones’. «No Cristo na lectura do pregón, nos gustou tanto Bandina de los Bierzones; a enerxía e oritmo que teñen nos fai falta para recuperar esa normalidade no magosto».

«O Magosto non necesita moito  máis, poderíamos facer moito máis pero non necesita. A xente o que quere é xuntarse, comer unhas castañas, brindar cun pouco de viño, botar uns bailes e unhas cantarenas e marchar para a casa», remata a concelleira

somoscomarca_magostoviloira_2021_11_11 (20)
O pasado ano tamén a música soou na praza de Viloira

Margarida Pizcueta: «A xente que vaia ao magosto que vaia preparada para a festa»