viernes. 19.04.2024

Variedade e diversidade para unhas festas nas que por primeira vez vanse solapar actos

O alcalde do Barco, Alfredo García; a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta e o concelleiro de Deportes, Aurentino Alonso;  presentaron a programación das Festa Do Cristo. Comezarán o 13 de setembro e como novidade haberá unha «prefesta»  a fin de semana anterior.

Cada vez falta menos. En apenas 15 días as rúas do Barco encheranse de festa debido á celebración do Cristo. O  Concello, tras varios meses de traballo, xa presentou o programa oficial que chega cargado de novidades.

As orquestras serán o prato forte da semana. Haberá un grupo todos os días. Margarida  Pizcueta,  concelleira de Cultura, quixo destacar a actuación de  Anacaona, a  orquestra  feminina  máis emblemática de Cuba. «Había  vinte anos que  non se  presentaba en España», subliñou. «Estou moi satisfeita que a orquestra da que formou parte Celia Cruz encha de sabor caribeño o oriente ourensá», asegurou  este medio.



Este ano o  Concello decidiu  solapar actividades para que haxa

alternativas para todos os gustos. Así o explicou a  concelleira que busca romper a dinámica

doutros anos, «porque hai suficiente afluencia de xente como para que haxa

varias actividades á vez».

Os que tamén

terán un papel importante nestas festas serán os máis pequenos. Para eles

haberá actividades practicamente todos os días por exemplo o Parque de  Xogos.

O deporte é outro dos puntos fortes do programa e contará con novidades como o Descenso Turístico do Sil e o Descenso do Baixo Sil. Iso si, non faltará o tradicional Descenso do Sil en Piragua ou a Milla Urbana,  dous dos eventos máis destacados das Festas do Cristo.



Respecto ó cartel

anunciador salientar que é obra de Mauro Docampo Gacio. O costumismo das festas

reflíctense de cheo no cartel, no que as calantornias ocupan o lugar máis

destacado. Non faltan os cabezudos, os piragüistas, os corredores da Milla ou

os gaiteiros. O pregoeiro deste ano Agustín González «Tinín» —presidente  do ADAS— tamén se atopa na obra de Mauro.

Alfredo García, alcalde do Barco, pola súa banda sinalou que  o tempo ten que axudar . «Si o tempo acompaña o éxito está garantido», destacou.

Si desea escuchar la entrevista completa a Margarida Pizcueta, Concelleira de Cultura, pinche en el siguiente enlace:

Margarida Pizcueta: «Unhas festas con moito arte e moito 'azúcar'»