viernes. 29.03.2024

A concelleira de Cultura detallou que tamén se fará un obradoiro para decorar cabazas destinado a escolares

A concelleira de Cultura e Educación do Concello de O Barco, Margarida Pizcueta, ven de presentar o programa de «Samaín». Haberá un «Concurso de enigmas do medo», un «Obradoiro de decoración de cabazas» e unha «Festa de Medo na Biblioteca».

Margarida Pizcueta explicou que o «Concurso de enigmas» é dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos, concretamente alumnado de ESO. Consistirá en resolver un asasinato mediante unhas pistas escritas que farán pensar e xogar. As personas que participen deben presentar, antes do 29 de outubro na Biblioteca, dous escritos, un coas pistas e outro ca historia do misterio.

Pizcueta detallou que niste concurso xa se está a traballar nos centros escolares en contaco cos seminarios de Lingua. Ademas, expresou que as persoas gañadoras de dito concurso recibirán entradas para o Parque Warner de Madrid. «Os enigmas gañadores serán os que manexemos na Festa do Medo na Bibioteca, o 30 de outubro», engadiu.



En canto o «Obradoiro de decoración de cabazas» organizado por este departamento de Cultura do Concello, será o 26 de outubro, dende as 11,00 horas da mañá ata as 13,00 horas. Recupérase ista actividade tradicional que había tempo non se facía en O Barco.

A «Festa do medo» na Biblioteca será o 30 de outubro, a partir das 18,00 horas, con xogos, música, disfraces, contos, malabares e medo. «Queremos que veñan moitos», dixo.

Precisamente, iste ano, o Concello de O Barco adianta a data das actividades de Samaín ó 30 de outubre tendo en conta que o Centro Comercial Aberto de O Barco festexa a «I Gymkana do Comercio» o 31 de outubre, unha iniciativa que Margarida Pizcueta valorou tamén positivamente para que haxa mais alternativas para dinamizar a vila.

Margarida Pizcueta: «Samaín trae concurso de enigmas e Festa do medo»