Máis de 700 persoas xa participan nas Escolas Deportivas Municipais do Barco

Máis de 700 persoas xa participan nas Escolas Deportivas Municipais do Barco
No caso das escolas para adultos, a cifra ascende a 591 inscritos. En canto ás actividades para nenos, suman 123 matriculacións

O pasado 1 de outubro deron comezo as actividades das Escolas Deportivas Municipais, organizadas pola Concellería de Deportes do Concello do Barco. A día de hoxe, son xa 714 as persoas matriculadas, repartidas entre as diferentes disciplinas ofertadas para adultos e nenos.

No caso das escolas para adultos, a cifra ascende a 591 inscritos. Modalidades como yoga, zumba, funcional e pilates cubriron todas as prazas dispoñibles, mentres que outras seguen a contar con algunha dispoñibilidade. É o caso de baile (7 prazas libres ás 20.30 horas e 4 ás 19.30 horas), taichi (3 prazas ás 9.00 horas), mantemento (11 prazas ás 20.30 horas), ponte en forma (4 prazas) e rehabilitadora (14 prazas).

En canto ás actividades para nenos, suman 123 matriculacións. A escola de zumba infantil completou xa o aforo, pero en rítmica aínda quedan 7 prazas dispoñibles ás 18.45 horas, e en multideporte ofértanse 16 prazas máis.

Con estes datos, a programación municipal arrinca con forza, consolidando as Escolas Deportivas como un dos principais recursos de lecer e saúde para a veciñanza do Barco