lunes. 17.06.2024
Sesenta instrumentistas darán un concerto no Teatro Lauro Olmo.

A Orquestra Clásica do Conservatorio Profesional de Música de Ourense vai ofrecer un concerto no Teatro Municipal Lauro Olmo mañá martes día 28 de maio a partir das 19:00 horas. Un total de 60 instrumentistas de diversos municipios da provincia de Ourense tocará no Barco baixo a dirección de Raquel Carrera Álvarez

Interpretarán Notturno, con moto tranquillo de «Ein Sommernachtstraum», opus 24 (1826) - Félix Mendelssohn Bartholdy (1809-1847); Concerto para clarinete e orquestra en La Maior, Kv. 622 (1791) - Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791) - 2º mov.: Adagio Clarinete solista: Estela Rodríguez Rodríguez; e Sinfonía nº 6 en Do Maior, D. 589, «Pequena sinfonía» (1818) - Franz Schubert (1797-1828) - Adagio - Allegro - Andante - Scherzo. Presto - Trio. Piú lento - Allegro moderato.

A entrada é libre até completar o aforo. 

Sesenta instrumentistas darán un concerto no Teatro Lauro Olmo