domingo. 01.06.2025

Maiores de 80 anos e sanitarios chamados para a vacinación

Nesta primeira xornada puidéronse ver longas colas pola «boa acollida que tivo», tal e como asegura Gemma Rodríguez, coordinadora da campaña en Valdeorras
somoscomarca_241014_obarco_vacunacion597

O pasado 23 de setembro iniciaba unha nova campaña de vacinación contra o covid-19 e a gripe nas residencias de anciáns. O 7 de outubro era a quenda dos nenos de seis meses a cinco anos. Nesta ocasión cunha novidade, a vacina intranasal. 

Este é un dispositivo que se introduce en ambas as fosas nasais para administrar a metade da dose en cada unha delas. O principal obxectivo de este novo sistema é diminuír os medos

Dende este luns, 14 de outubro, fíxose o chamamento aos maiores de 80 anos e ao persoal sanitario. As primeiras horas foron «moi intensas», asegura Gemma Rodríguez, coordinadora da campaña en Valdeorras. A pesar dos atarefados que se atopaban os sanitarios, «houbo moi boa acollida, como todos os anos». 

somoscomarca_241014_obarco_vacunacion596

Durante toda a mañá a asistencia foi constante. A enfermeira insistiu en que as persoas «acudan a hora para evitar colas». Aínda que dentro das súas posibilidades «facilitamos a vida ás persoas que baixan dos pobos máis afastados». 

Horarios de vacinación

No caso dos maiores de 80 anos poderán acudir ao Hospital Público de Valdeorras —na planta baixa— do 14 ao 18 de outubro. O horario será de 9:00 a 14:30 e de 15:30 a 21:00. 

Maiores de 80 anos e sanitarios chamados para a vacinación