domingo. 10.08.2025

Homenaxe ás castañas outrora, «o pan dos pobres»

Carta chegada a Somos Comarca desde a Tapería Agarimo do Barco: «Xustificación do magosto da calle Oscura do venres día 20 de outubro»
somoscomarca_magosto_vianadobolo (4)

Dende o momento en que a xerencia do Agarimo apostou polo Casco Vello, sabía que tiña que implicarse polo barrio, recuperando vellas tradicións e costumes que foron perdéndose a partires do inicio da guerra civil.

O Casco Vello, que era o centro neurálxico do Barco, tiña os seus propios xogos, as súas festas e romarías e algunha celebración que coincidían con determinadas épocas do ano, entre estas derradeiras, o magosto.

Ademais das festas patronais de San Mauro, coas súas charangas, a súa tómbola, concursos de bailes de época e de traxes de época, elevación de enormes globos, sen que faltaran os concursos de sacos e de feos sempre en clave de fumes, sen faltar a ninguén, pois respirábase unha san ledicia.

somoscomarca_obarco_comercio_taperiaagarimo
O xerente de Tapería Agarimo organiza o Magosto do Casco Vello do barco

Celebrábase, en véspera do Cristo, a "kermesse" ou verbena romántica, onde acudían chupalos e manolas, e onde se degustaba una rica orchata arroupando con música dos chotis e cariños de xeados  bombos con ruleta, chea de ricos barquiños, de oblea grande e de cucurucho.

O baile, chovera o non, formábase na Calle Oscura, fronte as casas de  Lidia, en cuxo corredor se subía a orquestra do Sandalio e a de Herminio.Murciego, a sazón cabo dos gardas municipais e aquela muller, Maruja,  encargábase do bar. No Casco Vello había varios bares.

Recordamos, dos anos 60, " El Carbonilla", o bar Metro, o Bodegón, O Buraco, que abriran Rosa e Ramón. O bar do Juez, hoxe en día Veira Sil; O Buraco, no Porto da Barca; o Trece Mil, na Calle Real; e enfrente  A Tacita; o bar del Suleica, a terraza do Casino Vello, o Bar Emigrante, o Hogar del Soldado, o bar do CIemente, e o bar do Jarona, na plaza da igrexa vella —máis tarde Bar López—. A confitería de Antonio Lago, que tamén despachaba viño doce con pastas e pasteis... Seguro que algún queda para o final, os míticos clubes de alterne Bar Shangay e Bar Samurai.

Contábannos os nosos pais que a castaña rendíalle culto a través dos magos, onde se regaban as castañas asadas coa clásica purrela. Aberto o apetito, seguido do rústico menú de chourizos e panceta asados. Todo elo nun ambiente lúdico, onde non faltaban los cánticos de taberna.

Pois o "Agarimo" quere seguir a tradición dos magostos, rememorando como se facían na Calle Oscura, cun aforo máximo de 150 persoas, todas sentadas, cun menú clásico de castañas, bolo preñado, panceta e una consumición, todo isto a un prezo de 10 euros persoa maior e 5 euros menú para cativos.

somoscomarca_obarco_plazamayor_antiguas (1)
Foto da Praza Maior obtida do Vídeo «El Muro del Malecón»

O día elixido é o sábado 30, de 19:00 a 21:00. Os que desexen, o restaurante estará aberto despois do magosto ofrecendo a súa carta habitual, e dicir, a partir das 21:00 ata peche da cocina.

E cando chegue San Mauro, 15 de xaneiro, organizaremos unha festa por todo o alto, como se merece o patrón do Barco, e tamén da Policía Local. Queremos que volva ao seu esplendor,  como foi dende hai séculos. Haberá sorpresas. música, actividades para maiores, rapaces e algo específico para os avós que teñen, máis que ninguén, dereito a se divertir. Esperamos, tamén, que haxa un mercado tradicional de antigüidades e manualidades. Para isto contaremos coa colaboración do concello e dos establecementos San Mauro e Pizzeria. Que, vistas as guerras, traxedias, carestía da vida e depresións postpandemia, a xente necesita divertirse. E por iso trataremos que non falte o humor, a música e o baile.

somoscomarca_obarco_plazamayor_antiguas (3)
Foto da Praza Maior obtida do Vídeo «El Muro del Malecón»

Co  magosto queremos renderlle culto á castaña, alimento que foi tanto para persoas como para os seus porcos. A castaña era «golosina» de nenos e pan de pobres. Era, xunto co viño e o porco o réxime alimenticio das familias humildes. E os excedentes, moeda de cambio, para pagar os alimentos básicos que se compraban "ao fiado" nas tendas de ultramarinos.

Ao mesmo tempo, queremos dar iniciativas   para o mellor aproveitamento da castaña, a cantidade de produtos que dela podemos obteren as propiedades beneficiosas que para a saúde aportan.

Esperámosvos, no Agarimo, si o tempo nos permite e a autoridade non o impide, o próximo venres 20 de outubro. a partir de las 19.00 na  Calle Oscura ou praza de San Mauro. Pero, como hai limite de aforo, la asistencia é por rigorosa reserva, chamando ao teléfono 681903653.

¡¡¡Viva o magosto!!!. E, ¡¡¡viva o barco!!!

Homenaxe ás castañas outrora, «o pan dos pobres»