domingo. 19.05.2024

Onte as 20:30h, tiña lugar a presentación do libro "Historias do C.D Barco" no Salón Multiusos de O Barco, baixo o lema: «50 anos dan para moito».

Julio Pérez, autor do libro, quería facer un artigo para poder conmemorar o aniversario do club, pero terminou tendo demasiada información para facer unha única cousa. O que comezou como algo pequeno, terminouse convertendo en algo moito máis grande. «Sabía que existía información, pero nunca me imaxinei que tanta», explica o autor.

«Falando con distintos afeccionados e xogadores, pedíanme que escribise unha historia do equipo», lembra Pérez. Pero, o que si que tiña claro era que non quería facer algo ao uso.

A súa maior ilusión era entreterse, encher o tempo libro e, sobre todo, gozar da súa paixón polo fútbol. «Para min foi incrible poder establecer unha amizade con xente que coñecía só de vista», reflexiona o autor. Cando decidiu escribir o libro, quería centrarse en acontecementos, partidos importantes, tempadas dos ascensos e a celebración das copas. Todo isto sen esquecerse dos anos máis escuros do equipo.

Poderíase dicir que non só é un libro escrito por un barquense sobre o club da comarca, tamén está maquetado e editado por xente nova da zona. «Excepto as tapas, todo está feito aquí. Javier Gómez foi a persoa que o maquetó, non é futboleira, pero preocupouse de que tivese ese tufo a fútbol», finaliza dicindo Julio Pérez.

"Historias do C.D Barco", un libro de Julio Pérez con motivo dos 50 anos do equipo