jueves. 12.06.2025

Francisco Narla conquista a Feira do Libro de O Barco coas súas historias

somoscomarca_malecon_feiradolibro_francisconarla (1)

A segunda xornada da Feira do Libro de O Barco transcorreu cunha mañá animada na zona alta do Malecón, á beira do Sil, na zona do Casino. As casetas recibiron a numerosos visitantes e curiosos que se achegaron a coñecer as novidades editoriais e a compartir un anaco de conversa cos autores presentes.

somoscomarca_malecon_feiradolibro_francisconarla (4)

Entre eles, destacou a presenza do escritor Francisco Narla, quen asinou exemplares da súa obra El buen vasallo e preparouse para a charla-coloquio sobre narrativa actual que terá lugar esta tarde, ás 18.00 horas, no Teatro Lauro Olmo. Un encontro que promete mergullarnos nas verdades históricas e emocionais que percorren as súas páxinas, da man do autor de Assur.

A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, tamén se deixou ver pola feira durante a mañá, paseando entre casetas e parando na do Concello, onde Diana Ramos, responsable da Oficina de Turismo, informaba ás persoas asistentes sobre a oferta cultural e de lecer da vila.

Desde o posto do Concello El concello repartían cerca de 500 exemplares da guía da flora e fauna urbana, froito de anos de traballo xunto a unha planta de acivro.

somoscomarca_malecon_feiradolibro_francisconarla (5)

Programa da tarde – domingo 18

  • 16.30 h – Amador Fonfría

  • 17.00 h – Andrea Mic

  • 17.30 h – Mercedes Barros

  • 18.00 h – Charla-coloquio con Francisco Narla

  • 19.00 h – Alba Mac

Resumo da xornada do sábado 17 de maio: libros, música e aventuras para os máis pequenos

O sábado arrancou cun ambiente festivo e cheo de cultura no Paseo do Malecón. A tradicional Feira do Libro ofreceu unha programación variada para todos os públicos. A mañá estivo amenizada polas actuacións de Silvia Penide, Sergio Borrajo e Julio Pérez, mentres que os máis pequenos puideron gozar da actividade Scape Room: O tesouro das Cantareiras, que se celebrou en dúas quendas, ás 13.30 h e ás 17.30 h.

somoscomarca_malecon_feiradolibro_francisconarla (4)

Xa pola tarde, o escenario foi testemuña do paso de varios autores e artistas como Christian Barrio, Fernando Hernández, Carmen Malvi —directora de Cerci— e Miguel Rodríguez, que pechou a xornada cunha intervención chea de emoción e reflexión.

somoscomarca_malecon_feiradolibro_francisconarla (2)

Unha fin de semana literaria que pon de manifesto que a cultura tamén é un motor de encontro e memoria en O Barco.

Francisco Narla conquista a Feira do Libro de O Barco coas súas historias