lunes. 02.02.2026

Unha flor e a opción dunha cea para dous por mercar no comercio do Barco

O Barco Aberto activará o 14 de febreiro unha campaña de San Valentín que premiará as compras nas tendas asociadas con flores naturais e a participación nun sorteo de ceas en restaurantes locais
somoscomarca20250214_obarco_cca_sanvalentin321
Unha flor e a opción dunha cea para dous por mercar no comercio do Barco

Unha flor, un ticket de compra e a posibilidade dunha cea para dous. Esa é a proposta coa que o comercio local do Barco quere celebrar este San Valentín. A asociación Obarcoaberto lanzou unha campaña sinxela pero moi directa: premiar a quen merque nas tendas da vila cun detalle romántico e a opción de levar algo máis ca un agasallo baixo o brazo.

A cita será o sábado 14 de febreiro, entre as 11.00 e as 13.30 horas, na praza do Concello. Alí instalarase un stand no que se regalará unha flor natural a todas as persoas que presenten un ticket de compra dun establecemento asociado. Ademais, eses tickets entrarán nun sorteo de ceas para dúas persoas en restaurantes colaboradores.

A campaña busca animar as compras de proximidade nunha data marcada no calendario e lembrar que, tamén para San Valentín, o agasallo pode atoparse nas tendas de sempre. Desde Obarcoaberto apostan por converter a mañá do sábado nun pequeno punto de encontro entre comercio e clientela, nunha xornada pensada para pasear, mercar e celebrar.

O comercio local quere así gañar visibilidade e sumar ambiente ao centro da vila nunha data na que o consumo adoita desprazarse cara a outras canles. Unha flor como reclamo e unha cea como premio para reforzar a idea de que mercar no Barco tamén pode ser parte da celebración.

Unha flor e a opción dunha cea para dous por mercar no comercio do Barco