As festas da Proba (O Barco) volveron a celebrarse despois de dezaseis anos

A Nosa Señora da Asunción volveu a saír polas rúas desta parroquia do Barco grazas a «aroutada» dun grupo de veciños

Había máis de 16 anos que na parroquia da Proba no Barco non se celebraba a súa patroa, a Nosa Señora da asunción e este ano por fin a Virxe procesionou polas rúas do pobo e ademais tamén se bailou ao son dunha discoteca móbil.

Abelardo, presidente da asociación de veciños, pedáneo do pobo e tamén membro da comisión de festas comentou que «este ano por un capricho, por unha arroutada que nos deu a varios decidimos facer festa».

Asegurou que a colaboración do «pobo» foi moi boa. Tamén agradecen a axuda dos negocios próximos e a do Concello do Barco, «sen eles esto non sería posible».

Van intentar seguir facendo a festa nos anos vindeiros xa que como el di «sería unha pena que se volva a perder. Volver a rrancala outra vez costará un pouquiño máis e agora tendo as cousas máis ou menos enfiadas hai que ter unha continuidade».

A comisión son tres pero hai moitos voluntarios que lles axudaron a poñer as banderillas ou facer papeis». «Houbo colchonetas e festa da escuma e foi un éxito».

Haberá unha disco móbil para amenizar a festa da tarde e da noite a que Abelardo invita a «pasalo moi ben»