Feira Porto da Barca: o poder das mans e a creatividade

O Barco celebra a quinta edición dun mercado que reúne sabor, creatividade e tradición 

O Barco de Valdeorras acolle este sábado 14 de xuño a quinta edición da Feira de Artesáns Porto da Barca, unha cita xa consolidada no calendario cultural e comercial da comarca. Dende as 11 da mañá ata as 8 da tarde, a praza da Igrexa e a rúa San Mauro converteranse nun escaparate de produtos locais, talento artesanal e actividades para toda a familia.

Organizada para poñer en valor os produtos da zona e dar visibilidade ao traballo das mans valdeorresas e dos seus arredores, a feira contará coa participación de preto de 30 expositores, entre produtores agroalimentarios e artesáns, chegados de puntos como O Barco, A Rúa, Rubiá, Manzaneda, Viana do Bolo, O Bolo ou mesmo o Bierzo.

Diana Rodríguez, responsable da Oficina de Turismo e Alba Rodriguez, concelleira de Turismo, paseando pola frira

Sabores que contan historias

No ámbito da alimentación, a variedade e a calidade son protagonistas.

Amarelante SCG (Manzaneda) achega fariña de castaña e produtos derivados como a bica ou doces variados, cun sabor auténtico da montaña ourensá.

Puesto de quesos de Cumbres de Trevinca

Cumbres de Trevinca (A Veiga) ofrece unha exquisita gama de queixos artesáns: de cabra, vaca, tenros, curados, con herbas ou macerados en aceite de oliva.

Bicas de Manzaneda e Barbudos, unha maridaxe perfecta

Bica Manzaneda leva o doce tradicional por bandeira, cun sabor manteigado que casa á perfección cos licores artesáns de Barbudos, quen presenta desde licor café ata crema de oruxo ou guindas.

Vallelongo (O Bierzo) sorprende con produtos singulares como allo negro, queixo con turrón ou con pementón, e unha ampla variedade de especialidades.

Antonia, el alma de O Marquesado, siempre a pie de puesto

Marquesado (Serra da Enciña da Lastra) trae mel, própoleo e outros derivados apícolas de alta calidade, directos das abellas do parque natural.

Norte de África y Norte de Europa se fusionan en forma de dulce

Damiri fusióna a tradición dos Países Baixos e Marrocos en doces elaborados ao momento, cun toque exótico e internacional.

Artesanía con alma

Na sección de artesanía e regalo, destacan propostas orixinais e moi variadas.

A Rabuda (Rubiá): velas e xabóns artesáns de aroma natural.

Mariposa Azul (Vilariño de Conso): complementos en aceiro inoxidable elegantes e duradeiros.

Domingo Malvesada (O Barco): arte sobre lousa, pezas únicas inspiradas na pedra valdeorresa.

Morna (O Barco): xoiería en prata con deseño delicado e personalidade.

Spoombini Designs: obxectos de madeira feitos a man con detalle e creatividade.

Trapalladas Artesanía (A Rúa): bisutería, obxectos de coiro, roupa e artigos do mundo enteiro.

Piel Natura (San Xoán de Río): cosmética natural sen aditivos, coidado da pel en clave ecolóxica.

As Miñas Cousiñas (Viana do Bolo): bandeixas e cristalería pintadas á man con motivos únicos.

Artesanía Enxebre de Valdeorras: madeira transformada en arte para o día a día ou a decoración máis singular.

somoscomarca_obarco_artesania_feiraportodabarca1504

Nekojitanee Illustrations (Viana): ilustracións de inspiración xaponesa con pigmentos naturais.

Bohemian Arte (Carracedelo): pirogravado sobre madeira con estilo bohemio e artesanal.

somoscomarca_obarco_artesania_feiraportodabarca1516

El Desván de Calcetines (Rubiá): bisutería combinando aceiro e coiro con deseños orixinais.

El Mundo de Popitas (O Barco): pintura creativa sobre múltiples soportes coma tea, madeira ou cristal.

Imperckta, Clata, Karina e Keto (O Barco): artesanía global nas pequenas cousas, con influencia multicultural.

Atelis (Viana do Bolo): cerámica artesanal decorada á man cun estilo inconfundible.

Raíces Cosmi Artesanía (O Barco): arte en resina, brillante e chea de vida.

Shadewolf 3D Printing: figuras e accesorios feitos en impresión 3D, un toque de innovación.

Participación social e actividades

A feira conta tamén con presenza de asociacións sen ánimo de lucro, como:AECC O Barco, visibilizando a loita contra o cancro

e Patrulla Felina, promovendo o coidado e protección dos animais.

Obradoiros e ambiente festivo

Durante a mañá, o público puido desfrutar dun animado vermú-festa con DJ Carallán, así como do primeiro dos obradoiros gratuítos:

 “Pomada rexeneradora con plantas locais”, centrado no aproveitamento das herbas medicinais da contorna.

Pola tarde, a creatividade deu paso co obradoiro “Obeeelas”, para facer elementos de madeira e la, tamén con inscrición previa.

Un día para gozar do talento local

A Feira de Artesáns Porto da Barca é unha oportunidade para coñecer de preto o talento, a paixón e a diversidade dos produtores e creadoras da comarca e arredores. Produtos que teñen rostro, historia e un xeito propio de entender a calidade e a sustentabilidade.

Un plan perfecto para gozar do sábado en familia, apoiar o comercio local e deixar que a creatividade e o sabor nos sorprendan.