sábado. 31.05.2025

O Bono Activa Comercio: a «prenda» que se coa na formación sobre escaparates do CCA

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, abriu o curso formativo de escaparatismo do comercio do Centro Comercial Aberto do Barco de Valdeorras e argumentou o efémero dos descontos promovidos pola Xunta

somoscomarca_20241117_cca_cursoescaparatismo_gabrielalen (6)
somoscomarca_20241117_cca_cursoescaparatismo_gabrielalen (6)

O salón de actos da Casa Grande de Viloira converteuse nunha aula de aprendizaxe para que case unha vintena de asociados do Centro Comercial Aberto do Barco soubesen algo máis para promocionar os seus negocios.

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, recibiu aos integrantes do curso agradecéndolles a súa presenza e ademais por que «estar aquí despois de toda a semana abrindo e cerrando os vosos negocios e dedicar un domingo a formaros, a verdade é que é de agradecer».

somoscomarca_20241117_cca_cursoescaparatismo_gabrielalen (5)
Corbacho, Alén e Fidalgo durante a presentación

Xunto ao director xeral estaban a xerente do CCA O Barco, María Fidalgo, e o encargado de impartir a formación, Enrique Corbacho. Fidalgo despois de agradecer aos presentes a súa asistencia destacou a importancia do que alí se ía facer e desexou «que os sirva de algo»

Alén destacou o primordial que é o comercio para a economía local e tamén recoñeceu as dificultades que está a pasar por mor da venta online, por iso «require ferramentas como a formación».  Destacou que no Plan estratéxico que se presentará o vindeiro mes de marzo «estamos escoitando a todas as asociacións de comercio, consumidores, autónomos...,a todos e concluímos que necesitamos unha formación máis específica», Esta ten que ser «cando, onde e sobre a temática que vos pidades, a demanda. Microformacións», apostilou.

somoscomarca_20241117_cca_cursoescaparatismo_gabrielalen (1)
Corbacho co martelo e a grapadora nas mans, indispensables para facer calquera escaparate

Desde o seu departamento leva tres experiencias piloto, en Vigo, Lalín e O Barco. Queren ademais premiar aos mellores escaparates. Adiantou que para os centros comerciais abertos como o do Barco plantexan que haxa «como un club de formación. É dicir, un networking, no que nos xuntemos de vez en cando, que tomemos un café, que fagamos grupo e que compartamos experiencias. Que informedes das liñas de axuda que sacamos para o comercio —isto último díxoo mirando cara á xerente—. Estes grupos de traballo tamén poderán ser formados nas disciplinas que os comerciantes vexan axeitadas ao seu». 

«O Bono e sobre todo unha campaña de motivación»

Unha petición que lle presentou unha das persoas asistentes á formación ao director xeral de Comercio sobre o Bono Activa Comercio, fixo que este fose protagonista no arrinque da xornada.

O senso no que se formulou a cuestión foi na no efémero das axudas. «Fue muy desesperante que en dos días estaban las ayudas consumidas, y yo me pregunto, ¿Qué intereses habrá en que trabajemos dos días a piñón, pudiendo trabajar quince? Esta persoa cría que era importante reconducilo e  que «cada persona que consiga un Bono Comercio que sea suyo. Si que tenga caducidad , por ejemplo quince días, pero no esto. Se generan colas innecesarias».

Alén pola súa banda explicou que hai desmotivación, especialmente desde a pandemia e que «é preciso a formación para modernizarnos», e diso foi do que falarían no neste curso. Ademais, é necesaria motivación, e esta require campañas.« A mellor campaña sen dúbida é o Bonactiva Comercio».

somoscomarca_20241117_cca_cursoescaparatismo_gabrielalen (4)
O director xeral de Comercio e a xerente do CCA O Barco escoitan atentamente a cuestión formulada

«O obxectivo do Bono Activa Comercio non é só transferir fondos á vosa conta de resultados, senón visibilizar o comercio local, especialmente entre a xente nova, para que saiban que o comercio local está aí». Porén desde a Xunta levan mobilizados 2,5 millóns de euros que xeraron 12 millóns en compras. «Canto antes esgotemos ese orzamento, mellor funcionará a campaña, que busca atraer xente ao comercio, como facían as rebaixas tradicionais».

somoscomarca_20241117_cca_cursoescaparatismo_gabrielalen (2)
Asistentes ao curso de escaparatismo do CCA O Barco

Segundo explicou o director xeral de Comercio, no primeiro ano do bono, permitíase descargalo e usalo en seis meses, pero moitos quedaron sen executalo. Non se conseguiu «ese impacto inmediato». Tras consultar coas asociacións e consumidores, decidiron manter este sistema e aumentar fondos. «Veremos se é posible engadir algunha novidade, pero recordade: o bono é, sobre todo, unha campaña de motivación, non só de ingresos».

«Pido aos Centros Comerciais Abertos que colaboren con campañas en paralelo». Puxo exemplos coma, animar aos mozos a facer «selfies» ou vídeos das súas compras co bono, compartíndoas nas redes. Poderíanse facer sorteos con premios atractivos para eles, como entradas a eventos. Finalmente propúxolles aos presentes pensar en accións que complementen o Bono Activa Comercio para motivar aínda máis.

O Bono Activa Comercio: a «prenda» que se coa na formación sobre escaparates do CCA