Éntoma acolle a 8ª Andaina e Festa Popular de San Xoán

(1)
As inscricións e recollida de dorsais —para as que se precisan o nome, apelidos e data de nacemento—, deben realizarse entre o 17 e o 21 de xuño

A festa de San Xoán, con pancetada e Andaina Popular, que este ano organiza o Concello do Barco coa colaboración da Comisión de Festas de San Xoán en Éntoma, celébrase na tarde-noite do 21 de xuño na Pista Deportiva de Éntoma. 

Ás 20:30 horas celébrase a Carreira Infantil, e ás 21:00 horas a Andaina Popular. Xa ás 22:00 horas terá lugar unha pancetada para todos os participantes, coa entrega de premios. A continuación, DJ Tariro amenizará o primeiro baile das Festas de San Xoán de Entoma, que comezan ese mesmo día.

Haberá dous circuítos sinalizados, un para nenos e nenas —ata 6 anos—, e a andaina popular, de 3,5 quilómetros de lonxitude. Para poder ter dereito a participar na pancetada e nos agasallos será preciso facer inscrición previa.

As inscricións e recollida de dorsais —para as que se precisan o nome, apelidos e data de nacemento—, deben realizarse entre o 17 e o 21 de xuño, no Departamento de Deportes do Edificio Multiusos, de 10:00 a 14:00 horas. Tamén pode facerse a través do correo deportes@concellodobarco.org, achegando os mesmos datos —nome, apelidos e data de nacemento—. Os que desexen participar na andaina, pero sen pancetada nin agasallos, poden inscribirse o mesmo día da carreira na oficina que haberá en Éntoma, de 19:30 a 20:30 horas.