martes. 24.06.2025

O Emsemble de saxofóns inaugura o Ciclo De Perto en Éntoma

A igrexa de San Xoán de Éntoma foi o lugar elixido para dar comezo a «O Barco no verán é cultura». A Próxima cita será na igrexa de Vilanova o vindeiro sábado ás 19.30 horas co Orfeón Valdeorrés

somoscomarca_entoma_deperto_oensembledesaxofons_igrexadesanxoán_2023 (2)
O Emsemble de saxofóns inaugura o Ciclo De Perto en Éntoma

O Ciclo De Perto que este ano chega a súa décimo primeira edición deu o «pistoletao» de saída co concerto do grupo do conservatorio, Ensemble de saxofóns, dirixido por Manuel Prada Ramos.

A igrexa de San Xoán de Éntoma foi o lugar elixido para que medio cento de persoas se deran cita no primeiro evento de «O Barco no verán é cultura».

O repertorio incluíu obras clásicas, populares, de jazz ou música lixeira co que se pretendeu, ademais de escoitar a boa música profundizar no coñecemento de diferentes estilos e recursos interpretativos.

A próxima cita co De Perto será o próximo sábado na igrexa de Vilanova no recital do Orfeón Valdeorrés. Ademais de boa música, como comentou a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, «haberá unha sorpresa».

O Ensemble de saxofóns

Este grupo de músicos, xurde na aula de conxunto instrumental da Escola de Música e do Conservatorio, coa idea de difundir o saxofón clásico, e dar a oportunidade aos alumnos de amosar o seu traballo nunha formación destas características.

Mediante o repertorio traballado pretenden dar a coñecer as ricas posibilidades do instrumento en canto a sonoridade, timbre, extensión e beleza, tanto a nivel individual como de conxunto.

Desde a súa formación no ano 2005 teñen actuado en numerosos actos; concertos didácticos polos centros de ensino da vila, ciclos culturais, concertos benéficos ou intercambios musicais con outros centros.

somoscomarca_entoma_deperto_oensembledesaxofons_igrexadesanxoán_2023 (1)
O Ensemble de saxofóns durante a actuación na igrexa de San Xoán de Éntoma

O repertorio que traballan está formado por obras orixinais para esta formación, ademáis de transcricións de obras de diversos estilos; incluíndo obras clásicas, populares, de jazz, música lixeira ou música de películas.

O Emsemble de Saxofóns, esta conformado por: Paula Marra Rodríguez —clarinete—, Alicia Trincado Rodríguez —saxofón alto—, Carmen Ruiz Domínguez —saxofón alto—, Iria Bárbara Rodríguez Ferrero —saxofón tenor—, Aldara Vázquez Delgado —saxofón tenor— e Aaron González Prieto —saxofón barítono—.

O Barco no verán é cultura

Até o 17 de setembro e baixo a denominación «O Barco é cultura» levaranse a cabo unha serie de actividades culturais por recantos da vila e parroquias do concello.

O Ciclo de Perto, as Noites de Cine na Praza Maior, o Ciclo Terrasón —nas zonas de terrazas de hostalería nos meses de agosto e setembro—, ademais de actividades para os nenos e nenas , con campamento de verán e o Diver Verán e outras moitas para todos os públicos.

O Emsemble de saxofóns inaugura o Ciclo De Perto en Éntoma