Dobre bandeira no Concello do Barco: homenaxe ao CD Barco e apoio ao Celta
A terraza do Concello do Barco luce estes dÃas dúas bandeiras moi especiais: a do CD Barco, en honra ao seu ascenso a Terceira RFEF tras proclamarse campión de liga, e a do RC Celta de Vigo, como mostra de apoio na súa loita por regresar ás competicións europeas
Xunto a ela, a bandeira do Real Club Celta de Vigo, enviada polo propio club celeste xunto cunha camiseta serigrafiada cos nomes dos 313 concellos galegos e unha carta na que solicita o apoio simbólico de toda Galicia para acadar o obxectivo de volver ás competicións europeas. A bandeira leva o lema «Soño con volver a Europa», como mensaxe de ilusión e unidade arredor do deporte galego.