
O Condesa de Fenosa fai un Entroido diferente
Este ano, disfrazáronse co nexo común dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030

Este ano no CEIP. Plurilingüe Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras) tiveron unha temática moi especial para o Entroido. Todo o alumnado disfrazouse co nexo común dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
Deste xeito, o alumnado de infantil promovía unha alimentación saudable onde non falte as «tan necesarias froitas». O 1⁰ Ciclo reivindicaban o coidado da fauna terrestre e da biodiversidade que se está a pór en perigo nos últimos tempos.
Por outra banda, o alumnado de 2º Ciclo centrouse na vida submariña nos mares de plásticos que inundan os océanos. Os nenos e nenas de 5⁰ ían de superheroes da limpeza e a restauración dos ecosistemas. E os maiores de 6⁰ desfilaron defendendo o deporte coma un hábito saudable para todas as idades. Pechou o colorido desfile o tradicional folión de 4⁰ de Primaria.