miércoles. 18.06.2025

O Concello do Barco, presente na Comisión Executiva do Eixo Atlántico

O alcalde, Alfredo García, participou neste acto celebrado en Lugo en calidade tamén de presidente da Asemblea Xeral desta entidade. Hoxe inaugurábase unha nova praza na cidade lucense
240620_Comisión Ejecutiva_Lugo (3)
O Concello do Barco, presente na Comisión Executiva do Eixo Atlántico.

O Concello do Barco estivo representado na Comisión Executiva e na inauguración da nova praza pública do Eixo Atlántico en Lugo. O alcalde, Alfredo García, participou esta mañá de xoves 20 de xuño nesta cita, tamén en calidade de presidente da Asemblea Xeral desta entidade atlántica. 

O Eixo Atlántico inaugurou a súa sexta praza pública e a primeira en Galicia, en Lugo. Súmase así á de Bragança, Matosinhos, Braga, Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo. Trátase dun recoñecemento «non só á historia da entidade, senón tamén como símbolo de punto de encontro das cidades galegas e portuguesas».

240620_Inauguracin Praza Eixo Atlantico Lugo (8)

A escultura que preside a praza é un cilindro con iluminación cos nomes dos 41 municipios e deputacións que integran o Eixo Atlántico.

Tras a inauguración deste novo espazo urbano, a Comisión Executiva do Eixo Atlántico reuniuse no edifico Impulso Verde para analizar a situación e evolución das infraestruturas, así como dos principais proxectos en curso.

O Concello do Barco, presente na Comisión Executiva do Eixo Atlántico