As obras da segunda fase do Proxecto de rehabilitación do entorno do BIC do Castro, realizadas durante os últimos meses pola empresa “Actividades, Construcciones y Voladuras”, foron recibidas o vernes por o Concello do Barco.
O importe da adxudicación foi de 232.320 euros, e as obras consistiron na rehabilitación dos espazos públicos existentes na contorna da torre medieval do Castro, coa idea de darlle continuidade visual ás obras xa realizadas con anterioridade, instalando adoquines para o chan nas zonas comúns.
A actuación realizouse intramuros da primitiva muralla medieval da fortaleza e no seu parámetro visible, e xunto á pavimentación da rúas da contorna da torre, quedaron resoltos as diferentes redes de instalación de servizos, así como a evacuación das augas pluviais.
Asimesmo, mellorouse a accesibilidade dos espazos públicos. O proxecto completouse coa colocación de nova iluminación, xardinería e instalación de mobiliario urbano, acorde coa arquitectura da contorna. A mesma empresa comezou onte os traballos da obra de consolidación de ruína na contorna do BIC do Castro, cun orzamento de adxudicación de 74.716,52 euros.
Neste caso, o proxecto prevé a restitución dos muros de contención orixinais sobre os que se asentaba a edificación, favorecendo a seguridade e a conservación da vivenda anexa e das vivendas próximas situadas na zona superior da pendente, e restituíndo á posición orixinal das rasantes para a súa futura rehabilitación.
A solución adoptada adecuará o solar para favorecer unha futura actuación no mesmo, que restitúa a vivenda afectada polo derrube, conservando as súas trazas de volume e composición. Ademais, se levarán a cabo os labores de impermeabilización da medianeira da vivenda lindeira, así como a colocación dun conduto de drenaxe pola cara exterior do muro de contención, para canalizar as augas á rede de sumidoiros.