jueves. 05.06.2025

Comeza a primeira fase das obras das rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e Veguiña

Os traballos de pavimentación, saneamento, abastecemento e pluviais foron adxudicados por 175.000 euros. Están sendo executados pola empresa Acoval

obras_veiguiña (1)
Comeza a primeira fase das obras das rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e Veguiña.

Esta mañá de luns 2 de setembro comezaron as obras da primeira fase do proxecto de pavimentación, saneamento, abastecemento e pluviais nas rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e A Veiguiña, no Barco. Os traballos foron adxudicados en algo máis de 175.000 euros, e contan cun prazo de execución de catro meses

A empresa encargada de executalas é Acoval

undefined

Nesta primeira fase está previsto completar a remodelación da rúa A Ribeira e parte de Soto de Yáñez, para continuar coa renovación integral destas rúas en sucesivas fases. As obras consisten na mellora das infraestruturas e o pavimento, xa que a rede de abastecemento destas rúas no tramo obxecto do proxecto é de fibrocemento, e a rede de saneamento e pluviais é de formigón.

Dada a súa antigüidade e materiais teñen presentado numerosas roturas e avarías nos últimos anos, o que provocaba frecuentes cortes de subministración e filtracións ao terreo.

Coas obras, que permitirán instalar conducións de materiais modernos, solucionaranse estes problemas. Tamén se procederá á pavimentación e arranxo de beirarrúas.

Comeza a primeira fase das obras das rúas A Ribeira, Soto de Yáñez e Veguiña