jueves. 29.02.2024

Onte comezou o curso de instalación de mobles organizado polo  Concello do Barco de Valdeorras e dirixido prioritariamente a persoas desempregadas anotadas na Oficina de Emprego. Trátase dunha acción formativa subvencionada pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

O curso é totalmente gratuíto para o alumnado, conta con prazas para un máximo de 15 participantes, e terá unha duración de 568 horas. O cursiño foi iniciado por 14 asistentes, polo que aínda queda unha praza libre para unha persoa que puidera estar interesada en participar no mesmo. Para poder tomar parte no mesmo, deberán estar en posesión da ESO, estudos superiores ou ter as competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá. As persoas que queiran participar no curso poden acudir para recibir información ao Concello Vello, planta baixa. As clases impartiranse de luns a venres, de 15:30 a 20:30 horas.

Comeza o curso de instalación de mobles organizado polo Concello do Barco