O colexio Condesa de Fenosa retoma o Camiño Escolar
Nesta nova edición anotáronse un total de 21 alumnos que poden incrementar nas próximas semanas se hai interesados
Un ano máis regresa o Camiño Escolar ao Barco de Valdeorras da man do colexio Plurilingüe Condesa de Fenosa. Una iniciativa que permite ter aos máis pequenos unha autonomía e maior socialización cos seus compañeiros.
Esta proposta está impulsada polas concellerías de Educación e Medio Ambiente do Concello do Barco, coa colaboración do centro escolar, a súa ANPA e a Policía Local.
O camiño escolar, dirixido a alumnos de entre 3º e 6º de primaria e sinalizado nas vías polas que transcorre con vistosos postes con aparencia de lapiseiro, conta con 3 rutas. A primeira delas é a Ruta Morada que conta con dous participantes —dende a Rúa Conde de Fenosa até o colexio.
Na que máis alumnos participan é na Vermella, un total de 11. A saída é dende o cruce das rúas Eulogio Fernández e Estación e que continúa logo por Eulogio Fernández ata Rúa Penas Forcadas, baixando pola Rúa Lugo ata o colexio.
Por último está a Ruta Azul con 8 alumnos. Esta inicia na rúa José Otero, vai polo Paseo do Malecón, rúa Barco de Ávila e Regueiral, até o colexio.
Nesta nova edición anotáronse un total de 21 alumnos que poden incrementar nas próximas semanas se hai interesados.