Este próximo fin de semana finalizan as II Xornadas Gastronómicas do Botelo e o Cocido Valdeorrés, celebradas en preto de 20 restaurantes da vila do Barco, Sobradelo e Vilamartín, cunha boa acollida por parte do público.
Para finalizar as xornadas, o sábado 18 de febreiro, a partir das 12,30 horas, celébrase no Pazo do Castro unha catamaridaxe de vinos de Valdeorras con pratos elaborados con botelo.
Esta actividade está organizada pola concellería de Turismo do Concello do Barco en colaboración coa Asociación Ruta do Viño de Valdeorras e a Denominación de Orixe Valdeorras.
A inscrición para poder tomar parte nesta cata-maridaxe, para a que hai unicamente 20 prazas, custa 5 euros por persoa, e debe realizarse enviando un mail cos datos (nome completo e DNI), a: [email protected]. Os inscritos, por rigorosa orde de entrada, recibirán instrucións para a formalización do pago.