lunes. 09.06.2025

O Campionato Galego Infantil de Karate volverá O Barco despois de case 28 anos

Acolleranse a case 400 deportistas dun total de 32 clubs diferentes de toda Galicia. En concreto, a zona de Valdeorras estará representada por 21 deportistas do River Stone e 6 do Shotakan A Rúa Karate Club

Despois de case 28 anos, o Barco acollerá o Campionato Galego Infantil de Kararte o vindeiro domingo 10 de marzo. Acolleranse case 400 deportistas dun total de 32 clubs diferentes de toda Galicia. En concreto, a zona de Valdeorras estará representada por 21 deportistas do River Stone e 6 do Shotakan A Rúa Karate Club.

A esta presentación acudiu a Deputada provincial delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González; o concelleiro de deportes do Barco, Aurentino Alonso; o responsable do Servizo Provincial de Deportes de Ourense, Manuel Pérez; o presidente da Federación Galega de Karate, Óscar Lafuente; o responsable do Karate Club River Stone do Barco e seleccionador galego Nicolás Rodríguez, e a presidenta dos clubs River Stone do Barco e SHARK da Rúa, Raquel Fernández.

Durante a presentación, María del Carmen González, asegurou que acoller o Campionato Galego parécelle «un luxo». Non momento en que esta proposta chegou as súas mans, «comezamos a mover fichas e tivemos, loxicamente, a sensibilidade da Deputación Provincial que financiou este campionato», explicou González. 

A deputada provincial aproveitou o momento para remarcar que unha actividade destas características deben «ser na cabeceira de Comarca sen esquecer que, probablemente, outro tipo de actividades do propio club se cisquen por toda a Comarca». Para González, esta repartición sería a «ideal». 

Pola súa banda, Aurentino Alonso quixo remarcar a importancia do karate, posto que é «unha actividade moi potente polos datos que me pasastes haberá uns 400 nenos, máis todos os familiares que tamén visitarán a Comarca». Aparte disto, tamén engadiu que na zona de Valdeorras hai «cerca de 170 nenos practicando karate. Estamos nunhas cifras, para a poboación que temos, moi importantes»

Óscar Lafuente, presidente da Asociación de Karate desde o 2020 —xusto na época da pandemia—, comentou como dato relevante que o primeiro campionato nacional que se «fixo dende entón foi un infantil en Ourense, buscamos diferentes sedes, pero eu propuxen dende o principio esa. É unha provincia moi importante para o karate galego, historicamente sempre tivo moito e bo karate, especialmente a comarca de Valdeorras con clubs moi activos». 

O Campionato Galego Infantil de Karate volverá O Barco despois de case 28 anos