lunes 17/1/22

O Camiño de Inverno, protagonista dun mural no Paseo do Malecón do Barco

Trátase dun mural figurativo, moi colorista e dinámico, e que representa o camiño ao seu paso polo Barco. A cos azul ondeante representa ao río Sil
somoscomarca_camiño_mural_malecon_2021-12-15
O Camiño de Inverno, protagonista dun mural no Paseo do Malecón do Barco

O mural do Camiño de Inverno realizado no Paseo do Malecón  por iniciativa do Concello do Barco, quedou rematado hai uns días. Os autores foron os artistas Óscar Padrevecchi,  de orixe arxentina e afincado no Barco, e o artista barquense Luis Enrique Rodríguez Coquixo. 

Ambos teñen unha dilatada carreira en deseño, pintura e creación artística. A situación do mural, na ruta do Camiño de Inverno, e zona de gran afluencia de veciños e peregrinos, polo que poderá serr disfrutado por unha gran cantidade de persoas.

Trátase dun mural figurativo, moi colorista e dinámico, e que representa o camiño ao seu paso polo Barco. A cos azul ondeante representa ao río Sil, co verde para as ribeiras, e todo elo salpicado de figuras de cores que simbolizan tanto aos peregrinos como as cores cambiantes das paisaxes do Barco durante o outono.

O concelleiro de Turismo, Eladio Santos, que se encargou de desenvolver este proxecto, defineo coma "unha acción máis de revitalización e embelecemento da paisaxe urbana, así como de integración do Camiño de Inverno no Concello do Barco".

O Camiño de Inverno, protagonista dun mural no Paseo do Malecón do Barco