sábado. 31.05.2025

O BNG volve posicionarse «a favor das accións para cubrir as prazas de pediatría»

O partido ofreceu unha rolda de prensa no Barco onde participou o deputado Secundino Fernández e o voceiro local, Manuel Agra. Estiveron presentes Xavier Rocha e o concelleiro da Rúa, Avelino Fernández
somoscomarca_240618_obarco_ruedaprensa_bng_pediatras367
O BNG volve posicionarse «a favor das accións para cubrir as prazas de pediatría».

O Bloque Nacionalista Galego comprometeuse esta mañá, de novo, públicamente «do lado das manifestacións das familias que piden a cobertura das prazas de pediatría no Barco». Secundino Fernández, deputado do BNG no Parlamento, participou nunha rolda de prensa ofrecida no local da formación no Barco

Tamén estiveron presentes o número tres do partido na localidade, Xavier Rocha, e o concelleiro de Deportes da Rúa, Avelino Fernández

O obxectivo foi establecer e facer pública a posición do BNG fronte a este problema. «Quero agradecer toda a labor da Asociación De Nai a Nai e dos nais e pais que recollen sinaturas e presentaron a proposta no pleno municipal. Aquí hai unha deficiencia de profesionais en algo tan xusto e básico como a pediatría».

Recriminaba á Xunta de Galicia ademais o feito de que «poña parches en vez de solucións nestes asuntos. Os nenos son o futuro en calquera pobo, e o que non pode ser é que se lles encha a boca de dicir que apoian ao rural e logo retiren estes servizos, obrigando á poboación a trasladarse a outros puntos —coa deficiencia de transporte que tamén temos—».

Manuel Agra, voceiro do BNG no Barco, tomaba a palabra en primeiro lugar nesta rolda de prensa para expresar «os importantes e grandes problemas que temos na comarca e que xa interiorizamos. Incluso levámolos coma dores crónicos, coma se o normal fose vivir con eles. Falo de problemas de sanidade pero tamén de comunicacións». 

Espazo na súa intervención tamén para a Asociación De Nai a Nai e para as nais e pais que impulsaron estas reivindicacións, incidindo en que «sexa a sociedade civil a que tome iniciativa para solventar estes asuntos. Dende aquí damos os nosos parabéns e tamén o noso apoio». 

Á pregunta de se van levar algún tipo de proposta sobre este tema ao Parlamento, Secundino Fernández foi claro: «Houbo un acordo dos tres partidos e eles pedían unha actuación conxunta, por iso nós seguiremos esa petición e non levamos ningún tipo de proposta dende o BNG. Si que esta semana houbo outra organización política que a levou, así que debaterase e tentaremos que a Xunta cumpla». 

O BNG volve posicionarse «a favor das accións para cubrir as prazas de pediatría»