
O BNG renovará os órganos comarcais e locais nunha asemblea
Será tras a Asemblea Nacional que se celebrará o 7 de novembro na Coruña e nela elixirase aos novos representantes para o inicio dun novo ciclo político

O día 7 de novembro o BNG celebra na Coruña a súa asemblea nacional na cal se elixirá a nova liña política para o próximo período electoral. Así o anunciaban a deputada parlamentaria, María González Albert, acompañada por Roberto Quiroga, Jesús Vilasánchez e Avelno Fernández Seco.
"Gañar Galiza" é o lema deste encontro que chega nun momento de «gran crise política e social provocada pola pandemia. Es moi importante pensar nun país en grande e forte, no en pequeno como está a pensar Núñez Feijóo, para afrontar os retos que temos por diante».
Por elo elixiranse novos representantes para o inicio dun novo ciclo político. «O obxectivo é chegar en 2024 á presidencia de Galiza». Ademais, destacan que nos últimos catro anos o BNG gañou mais de 1.500 afiliacións novas, «o que fai ver o importante que é para a cidadanía que o BNG poida defender os intereses de Galiza».
Desde o punto de vista de Valdeorras, tras esta asemblea nacional da Coruña, celebrarase outra na comarca, para proceder á renovación dos órganos municipais e comarcais do BNG