jueves. 07.05.2026

O Barco tece cultura e comercio arredor das Letras Galegas 2026

Centros educativos e Centro Comercial Aberto únense nun proxecto que leva a figura de Begoña Caamaño ás rúas con arte, fotografía e participación veciñal
somoscomarca_obarco_cca_diadasletrasgalegas669
O Barco tece cultura e comercio arredor das Letras Galegas 2026

A Praza do Concello do Barco acolleu este xoves a presentación da campaña das Letras Galegas 2026, unha iniciativa que volve unir educación, comercio e cultura nun proxecto colectivo que transcende as aulas para ocupar o espazo público. A proposta está impulsada pola Asociación Centro Comercial Aberto do Barco xunto cos equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos da vila e da contorna.

O presidente do Centro Comercial Aberto, Jacobo Arias, puxo en valor a implicación do alumnado e dos centros educativos: «Estamos súper agradecidos, porque isto fai que os nenos comecen antes de tempo nesta pequena aventura». Arias destacou tamén a calidade das propostas: «Hai fotos espectaculares, moi bonitas, e sería dificilísimo escoller unha entre todas».

A campaña inclúe unha xincana polos establecementos comerciais, na que os participantes deberán selar un folleto visitando distintos negocios. «Sortearemos vales entre todos os participantes cando remate a actividade», explicou, animando á participación da veciñanza e confiando en «seguir con esta iniciativa durante moitos anos».

somoscomarca_obarco_cca_diadasletrasgalegas666

«Tecendo á liberdade»: arte e pensamento desde as aulas

Pola súa banda, Alba Pérez, coordinadora do IES Lauro Olmo e voceira do profesorado implicado, explicou o espírito do proxecto educativo: «Unímonos para sacar a autora premiada das aulas e permitir que toda a comunidade a coñeza máis de preto».

somoscomarca_obarco_cca_diadasletrasgalegas667
Alba Pérez, coordinadora do IES Lauro Olmo e voceira do profesorado

A homenaxe deste ano recae na escritora Begoña Caamaño, da que destacou o seu compromiso: «Foi unha autora atravesada pola sensibilidade e pola defensa de causas que seguen sendo necesarias hoxe, como o feminismo, a sonoridade ou a xustiza social».

Baixo o título «Tecendo á liberdade», a proposta busca construír unha rede simbólica de apoio e reflexión a través de diferentes actividades. Entre elas, unha exposición no Paseo do Malecón inspirada na estética grecolatina da súa obra «Circe ou o pracer do azul», onde «o alumnado representará esa rede de afectos e solidariedade que historicamente construíron as mulleres».

Ademais, o proxecto inclúe unha mostra fotográfica distribuída polos comercios da vila, nacida da interpretación de frases da autora. «Queremos que o alumnado non só teza, senón que tamén retrate esa liberdade que Begoña levou sempre por bandeira», sinalou Pérez.

Un proxecto colectivo que pide implicación

A campaña convida á participación activa da veciñanza, tanto na xincana como na visita ás exposicións. Pero tamén fai un chamamento ao respecto polo traballo realizado: «Detrás destas creacións hai moito tempo e moitas ganas, e merece ser coidado», lembrou Alba Pérez.

Desde a organización insisten en que esta iniciativa vai máis alá dunha celebración puntual: «Queremos que toda a comunidade sinta este día como propio».

somoscomarca_obarco_cca_diadasletrasgalegas670

Cultura que sae ás rúas

Coa implicación dos centros educativos, o tecido comercial e o apoio institucional, O Barco volve converter as Letras Galegas nunha experiencia viva, participativa e compartida. Un proxecto que, como resume o seu propio lema, aposta por «tecer liberdade» desde a educación, a cultura e a comunidade, facendo da lingua un fío que conecta xeracións e espazos.

Tu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizadoTu prueba Premium ha finalizado

O Barco tece cultura e comercio arredor das Letras Galegas 2026